23/12/17

O NADAL NO IES CARLOS CASARES

Como non podía ser doutro, o pergamiño Vindel e o Nadal medieval na cidade de Vigo estivo presente na decoración.
Unha vidreira, realizada polo alumnado de 1º de Bacharelatol,  ilustra as cantigas de Martín Códax; os pergamiños, realizados  polo alumnado de 1º de ESO, dan conta de historias e lendas ao redor de Vigo, da figura de Martín Códax, da amiga ou do monumento de A fada e o dragón, e a famosa oliveira que se comezou a cultivar durante o século XIII na cidade de Vigo e que a fixo coñecida como Vigo, a cidade olívica. 
Como agasallo de Nadal, o equipo de redacción da revista Mandacarallo realizou chapas felicitando as festas e repartiunas entre todo o alumnado. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario