O 14 de Febreiro foi o Día do Amor ou día de San Valentín, como
marca a tradición. A orixe remóntase ao século III, cando o
emperador Claudio II decidiu prohibir a celebración de matrimonios
entre os máis novos. O motivo era que os homes solteiros e sen
familia eran os mellores soldados.
Valentín, era un sacerdote que viviu durante o mandato de Claudio
II. O sacerdote desafiou o emperador e celebraba, en segredo,
matrimonios entre mozos namorados. Claudio II enterouse e mandou que
o meteran na cadea, finalmente ordenou que o martirizasen e o
executasen o 14 de febreiro. De aí vén a popularidade deste
sacerdote, que foi santificado posteriormente, e o nacemento do Día
do Amor ou Día de San Valentín.
Durante unha semana tivemos a oportunidade de deixar as nosas mensaxes de amor e de amizade nunha caixa situada fronte á ventá de conserxería. Hoxe, luns, o alumnado que pertence ao Equipo de Biblioteca e ao Equipo de Dinamización repartiunas polas aulas.
CANTO AMOR HAI NO CASARES!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario