24/06/16

DENDE A IDADE MEDIA ATA O SÉCULO XXI

Durante os meses de maio e xuño contamos no centro cunha exposición de textos literarios e lingüísticos orixinais e facsimilares dende a Idade Media ata o S. XXI.

- O esplendor medieval: 
Foro do Bo Burgo de Caldelas. Facsímile. Un dos textos notariais máis antigos escrito en lingua galega. 1228.
Pergamiño Vindel. Martín Codax. Facsímile. Folla de xograr descuberta a comezos do século XX. Século XIII.
Cantigas de Santa María. Afonso X, o Sabio. Edición galega de 1980, en dous volumes, por Walter Mettman. Século XIII.
Cantigas de Santa María. Afonso X, o Sabio. Reprodución facsímile dun folio do Códice Rico, conservado no mosteiro de El Escorial.Século XIII.
Cancioneiro da Ajuda. Facsímile dun folio. Único cancioneiro profano que se conserva do período trobadoresco. Finais do século XIII.

Cancioneiro de Afonso Pérez. Facsímile. Mostra de poesía galega postrobadoresca, descuberto e editado en 2013. Finais do século XIV ou comezos do século XV.

 -Séculos escuros e inicios do XIX

Exequias da raíña dona Margarida. Facsímile. 1612.

Coloquio de 24 gallegos rústicos. Padre Sarmiento. Facsímile. 1746.

O apóstolo Santiago. Pepe Ermitaño (pseudónimo). Primeira mostra coñecida de prosa galega moderna. 1801.

Proezas de Galicia. Xosé Fernández de Neira. Facsímile. 1810.

A casamenteira. Antonio B. Fandiño. Facsímile. Non foi impresa ata 1849. 1812.

Os rogos d´un gallego. Manuel Pardo de Andrade. Facsímile. Primeiro best-seller en galego (tivo cinco edicións en poucos anos, algunha de 10.000 exemplares). 1813.


Poesías de Nicomedes Pastor Díaz. 1828

-O Rexurdimento

A gaita gallega. J. Manuel Pintos. Facsímile. 1853.

Cantares gallegos.Rosalía de Castro. Facsímiles da 1ª e 2ª edición. 1863 e 1876.

Follas novas. Rosalía de Castro.. Facsímile. 1880

Aires da miña terra. M. Curros Enríquez. Facsímile. 1880.

Os Eoas. Eduardo Pondal. Edición da versión definitiva do autor, debida a M. Ferreiro. 1912

Diccionario gallego-castellano. Francisco J. Rodríguez. Primeiro dicionario galego. 1863.

Gramática gallega. J. A. Saco e Arce. Facsímile. 1868.

Diccionario gallego. J. Cuveiro Piñol. 1876.

O Tío Marcos da Portela. Exemplar do primeiro xornal en galego, dirixido por V. Lamas Carvajal. Chegaron a imprimirse 4.000 exemplares por número. 1885.

-A Modernidade da Época Nós

Almas mortas. Antón Villar Ponte. Facsímile dun libro da colección Céltiga, “literatura de quiosco”. 1922
Revista Nós. Facsímile. A revista deu nome a toda unha xeración de renovadores da prosa galega. 1920-1936.
Exemplar d´A Nosa Terra. Foi o ideario das Irmandades da Fala. 1925.
Guía de Galiza. R. Otero Pedrayo. Edición moderna. 1926.
O porco de pé. Vicente Risco. Edición Facsímile. 1928.
Arredor de si. R. Otero Pedrayo. 1ª edición, 1930.
Os dous de sempre. A. D. Rodríguez Castelao. Facsímile do manuscrito orixinal. 1934.
El idioma gallego. A. Couceiro Freijomil. 1935
Agromar. J. Acuña [pseudónimo de X. Filgueira Valverde]. 1936.

-A longa noite de pedra

Facsímile da Colección Grial, antecedente da revista Grial. Saíron catro números pero acabou sendo prohibida pola censura. 1951.
Denuncia diante da Unesco da perseguizón do idioma galego pol-o Estado Hespañol. Facsímile. 1954.
Nasce un árbore. G. Rodríguez Mourullo. É a primeira obra pertencente á Nova narrativa galega. 1954.
O soño sulagado. Celso emilio Ferrerio. 1955.
Memoria de Tains. G. Rodríguez Mourullo. 1956.
Pauto do demo. Ánxel Fole. 1958.
A esmorga. E. Blanco-Amor. Edición que restitúe o texto orixinal eliminado pola censura en España. 1959.
Memorias dun neno labrego. X. Neira Vilas. O gran best-seller galego de todos os tempos. 1961.
Vento ferido. Primeiro libro de Carlos Casares. 1967.
Viaxe ao país dos ananos. Celso Emilio Ferreiro. 1968.
Xente de aquí e acolá. Álvaro Cunqueiro. 1971.
Teatro pra a xente. E. Blanco-Amor. 1974.
Elipsis e outras sombras. X. L. Méndez Ferrín. Falta na primeira edición o relato principal, que non pasou a censura. 1974.
Xoguetes para un tempo prohibido. C. Casares. 1975

-Aires de liberdade Presente e futuro
Os cambios que chegaron coa democracia, especialmente despois do referendo do Estatuto de Autonomía (1981) e da aprobación da Lei de Normalización Lingüística (1983), foron cruciais para a revitalización da lingua. A chegada do galego á escola, a aparición dos medios de comunicación públicos, os novos creadores de literatura infantil e xuvenil… conseguiron que ningún rapaz ou rapaza, fose cal fose a súa procedencia social ou xeográfica, resultase alleo á lingua e cultura galegas.
Nestes anos a lingua recupera funcións que se perderan séculos atrás e gaña outras novas; xorden editoriais para públicos diferenciados (Xerais, Ir Indo, O Cumio, A Nosa Terra, Positivas, Laiovento…); aparecen os primeiros escritores profesionais; cada vez son máis as mulleres creadoras; nacen importantes premios que impulsan a creación literaria…

-Presente e futuro

Unha nova xeración de autores e autoras abrolla con forza desde os inicios do século XXI, conformando a que se comeza a coñecer como “Xeración da esperanza”. Nela cóntanse máis de 70 narradoras e narradores de estilos diversos que abordan diferentes xéneros. A súa calidade e modernidade xeran sen dúbida esperanza nun momento actual certamente complexo, fronte as dificul-tades que están a padecer a lingua galega e o mundo editorial, co pano de fondo dunha crise económica que semella non ter fin.
 O futuro do galego, as mil primaveras máis que vaticinou Cunqueiro dependen de todas e todos nós. Cómpre apostar pola lingua e a cultura propias. É o que nos fai especiais, únicos e únicas. Está nas nosas mans!




Ningún comentario:

Publicar un comentario