29/05/17

SAMAGOSTIN´16

Samagostín no Carlos Casares!


img_20161024_151311_587

O Samaín é unha celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no Día de Todos os Santos. A noite do 31 de outubro comezaba o Ano Novo celta, remataba o verán e entraba o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesaban a porta que separa o mundo dos vivos do dos mortos e visitaban as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.
Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos estase volvendo a recuperar grazas ó traballo realizado nos centros educativos e en varios concellos de Galicia.
Este Venres 28 celébrase o Samagostín no noso centro! Tras ter tres horas de clases totalmente normais, poderemos gozar de concursos, disfraces, cabazas… Haberá un premio á cabaza que dea máis medo, ó mellor disfraz, á mellor comparsa… Tamén podedes vender diversos doces e tartas, sempre que un dos seus ingredientes sexa a castaña.
Animádevos e participade!


http://www.revistamandacarallo.com/samagostin-no-carlos-casares/

Ningún comentario:

Publicar un comentario