23/12/17

OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

A música das cantigas de Martín Códax soou esta mañá no IES Carlos Casares. A arpista Alba Barreiro interpretou seis cantigas que teñen notación musical no Pergamiño Vindel. Puidemos escoitar a melodía de cada unha das cantigas tal e como se tocaban na época medieval e a melodía actual, con arranxos e adaptacións.
Estivo acompañada de Paulino Fontenla, un moañés dedicado a unha das súas afeccións: a música. Paulino amosou varios dos instrumentos musicais de orixe medieval que forman parte da súa colección particular: unha zanfoña, unha cítola e un acordeón. Explicou a orixe de todos os instrumentos, a súa funcionalidade na época medieval e recalcou a presenza de todos eles no famoso Pórtico da Gloria.
Paulino incluso se atreveu a tocar e a cantar coa súa arpa algúns poemas de Curros Enríquez. Foi toda unha homenaxe ao cantautor Luís Emilio Batallán.
Acompañado da súa zanfoña interpretou algunhas outras pezas. 
Foi toda unha experiencia para nós e para o alumnado que participou neste obradoiro musical. Moitas grazas a Alba e a Paulino por achegarnos ata o IES Carlos Casares a música medieval, tradicional e de poetas de tan recoñecido prestixio.




Ningún comentario:

Publicar un comentario