03/01/16

CONTACONTOS GALEGO-INGLÉS


O pasado martes 17 de novembro, asistimos a unha sesión de contancontos no auditorio do Instituto. Ao chegar xa estaban as dúas contistas: Charo Pita e Sophie Heydel no escenario: entadas e preparadas para comezar a actuación. Ao comezar sorprendeunos que unha delas falaba inglés, mentres que a outra traducía o conto ao galego. Á muller inglesa entendíaselle perfectamente, mentres que a muller que falaba en lingua galega dáballe esa énfase humorística que a actuación necesitaba. O momento que máis nos gustou foi o da interactuación coas contistas a través de xestos e movementos diferentes.
Varios foron os contos cos que nos deleitaron: Barbaazul, Manolo, Muller e promesa, Arco de trunfo, Rei cabezón, Tres contos e o coitelo, etc.
Ao longo da mañá fomos pasando distintos cursos: primeiros e segundos de Bacharelato e un grupo de 4º de ESO. Todas e todos o pasamos moi ben. Foi unha nova experiencia da que gozamos moito e non teriamos inconveniente en repetir.
Texto escrito por: Patric Espada e Isaac Villar (1º Bacharelato E) 
Departamentos colaboradores: Dinamización Lingüística, Bibliocasares e Inglés.

Ningún comentario:

Publicar un comentario