
O 25 de novembro, como vén sendo habitual, realizamos un acto en homenaxe a todas as vítimas de violencia machista. Participou unha parte representativa do noso alumnado. Alumnas e alumnos de segundo de ESO leron textos destacando a figura de María de Villota como unha heroína da Formula 1 e sobre todo como unha muller que tomou partido na loita contra a desigualdade defendendo os dereitos da muller.
Outras alumnas leron textos explicando a historia das irmás Mirabal e o seu cruel asasinato sendo vítimas da ditadura de Trujillo na República Dominicana. O acto estivo acompañado polos marabillosos acordes ao piano de Bruno, un alumno de 1º de Bac. F. O noso centro participa, coma todos os anos, nos actos organizados polo Concello de Vigo e que se agrupan baixo o título de Enlaza Vigo. Este ano o lema foi: "Somos quen de deter a violencia de xénero". As obras realizadas polo alumnado de terceiro de ESO e polo alumnado de 1º de Bac. foron expostas na rúa do Príncipe.
O 25 de novembro non é unha data para festexar, pero si para alzar a voz máis ca nunca EN CONTRA DA VIOLENCIA.

Ningún comentario:
Publicar un comentario