31/01/16

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O 30 de xaneiro é o Día internacional dedicado á Ilustración. Este ano quixemos dedicarlle especial atención a esta faceta da arte tan fundamental, a través da cal magníficos profesionais  manifestan a súa particular visión do mundo. A ilustración é, en moitas ocasións, unha maneira  lúdica de achegarnos ao libro e a diferentes acontecementos do devir da historia.
O venres contamos coa presenza do Ilustrador vigués: Federico Fernández. É o responsable das ilustracións de libros infantís e non tan infantís como: Chibos chibóns, Onde Lúa perdeu o sorriso? ou a súa última creación Balea. Conquistou ao alumnado de segundo e parte de 1º de ESO, facendo un percorrido sobre a orixe do álbum ilustrado e a súa importancia na actualidade.



Ningún comentario:

Publicar un comentario