De leria no Casares é o Blog do Equipo de Dinamización do IES Carlos Casares de Vigo. Nace con dous obxectivos fundamentais: conseguir que a lingua galega sexa a lingua protagonista nas nosas lerias e parolas, e difundir a Galaxia literaria, artística, ensaística e xornalística do home que dá nome ao noso centro: Carlos Casares Mouriño.
31/01/16
DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro é o Día da Paz, e como vén sendo costume, no IES Carlos Casares lembramos esta efeméride, para non esquecer un desexo tan necesario hoxe en día: que haxa paz no mundo. O alumnado, nas aulas de Valoes éticos coa profesora Almudena Lacomba, realizou un caligrama a partir da silueta da pomba, acompañado de textos explicativos deste día: cales foron os Premios Nóbel da Paz e a orixe da celebración desta data.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario