O 10 de decembro é o DÍA DOS DEREITOS HUMANOS e, como vén sendo habitual, a profesora Almudena Lacomba, nesta ocasión acompañada por Rogelia e polo alumnado de primeiro de ESO C e cuarto de ESO C, realizaron un traballo de investigación sobre a orixe da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, cales son, cando foron aprobados e por que é tan importante coñecelos.
Logo do proceso de investigación, visualizaron o seu traballo a través de murais explicativos sobre os Dereitos Humanos. Nun mapa mundi lograron identificar os países do mundo en que, aínda hoxe en día, se viola algún destes dereitos; realizaron un prisma de tres lados e nel pode observarse a orixe temporal da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e a inclusión das tres rodas que vinculan os trinta artigos á Historia da Arte.
O alumnado de 4º de ESO C dedica o seu mural a Tawakkul Karman ("Muller de ferro", "Nai da revolución"), unha activista iemení que traballou a prol dos Dereitos Humanos.
Como podemos comprobar, uns traballos indispensables para denunciar a violación destes dereitos fundamentais para o mundo.
Texto de Almudena Lacomba
Ningún comentario:
Publicar un comentario