
Hoxe,
26 de abril o alumnado de 1º de ESO B participou nunha actividade
organizada pola Coordinadora dos Equipos de Dinamización
Lingüísitica: unha videoconferencia co gallo do Día da Ciencia en
galego (o pasado 4 de novembro). Levaba por título Arpa Lead Motion
e a relatora foi Susana Elviña Falcón. O alumnado puido ver como
Susana conseguiu crear, deseñar e facer soar unha arpa utilizando o
programa Scratch 2.0.
A
actividade resultoulles moi atractiva e ademais serviu para animar ao
alumnado a utilizar a lingua galega en contextos diferentes
vinculados ás novas tecnoloxías da información.
Ao
finalizar a exposición, o alumnado de todos os centros
inscritos tivo a oportunidade de chatear con Susana e
aproveitaron para preguntar dúbidas, curiosidades, etc. Logo,
Fernando Fuentes, profesor de Robótica do centro ensinoulles o
funcionamento de dous robots creados polo alumnado de Bacharelato.
Moitas
grazas a Susana Elviña e á Coordinadora por organizar esta
actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario