A partir de hoxe e ata o 2 de maio poderemos deternos a admirar unha das coleccións do noso Carlos Casares: os Principiños en 92 linguas. A exposición, cedida pola Fundación Carlos Casares, forma parte da serie de actividades que se están a levar a cabo dentro do proxecto Galaxia Casares. Durante todo o mes de maio iremos dando a coñecer os traballos que foi realizando o noso alumnado durante este curso.

Ningún comentario:
Publicar un comentario