25/05/16

LERIANDO CON CASARES

Os días 19 e 25 de maio fomos ata os nosos colexios adscritos para LERIAR cos pequenos e non tan pequenos. O alumnado de 1º ESO B contoulles contos aos rapaces de infantil, e os de 1º ESO C e 2º ESO C, aos de primaria. 






Todos os anos resulta unha experiencia moi enriquecedora, e mais este curso que estamos a levar a cabo o Proxecto Galaxia Casares. Os contos xiraron ao redor da literatura infantil de Carlos Casares e os rapaces rapearon, versificaron, ilustraron e ata sentaron a leriar a todos os personaxes infantís de Carlos Casares. Velaquí o programa que elaborou a profesora Natalia con todas as obras que se representaron e todos os seus protagonistas.

Moitas grazas de parte do IES Carlos Casares, a todos os Coles pola súa colaboración, pola súa alegría e o especial trato que teñen con nós cada vez que imos visitalos.

O Colexio Igrexa Candeán elaborou un fermoso vídeo coas fotos da nosa actuación. Velaquí o enlace Candeanina libroteca 






Ningún comentario:

Publicar un comentario