Fomos contar contos para todo o alumnado: repartímonos en dous grupos, coma sempre: Infantil, Primeiro e Segundo de E. Primaria e Terceiro, Cuarto, Quinto e Sexto de Primaria.
Nesta ocasión, o grupo de Primaria tivo a sorte de ver e escoitar o álbum ilustrado Unha viaxe con Casares, escrito e ilustrado por un grupo de rapazas de 2º ESO A.
Logo de rematar a nosa actuación en Infantil, as alumnas Alba Dapena, Ana Cabreira e Marta Cid debuxaron cadansúa galiña azul nas mans dos rapaces. Quedaron encantados!!
Moitas grazas a todos os alumnos e profesores do CEIP Carlos Casares pola súa boa acollida e polo ben que se portaron con todos nós.
DE SEGURO QUE VOLVEREMOS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario