Xa van ala uns días dende que comezou o mes de maio, e con el comezan as homenaxes e actos dedicados este ano ao poeta chairego: Manuel María. No noso IES estamos dando a coñecer a obra deste poeta a través de diferentes lecturas, poemas musicados, presentacións dixitais da súa obra e da súa vida, carteis enviados pola Consellería...
Durante este mes de maio estamos a coñecer o traballo realizado polo alumnado dentro do Proxecto de Innovación: Galaxia Casares. Leriando no Casares. Velaquí a mostra dos libros de autor.
Partindo da obra Vento ferido de Carlos
Casares, manipulámola ata convertela nunha obra propia. Esta
creación implica un mapa descritivo dos contidos e decisións sobre
a interacción e os materiais propicios para o seu desenvolvemento.
Carlos Casares concibía a vida desde unha visión puramente
narrativa, e nós convertemos as súas historias en obras plásticas
con pensamento narrativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario