23/12/17

A ANTÁRTIDA MÁIS PRETO DE NÓS



Recibimos a visita de Antonio Donís, exalumno que estivo no centro desde 1990 a 1994. Antonio, especialista en comunicacións do Exército, partirá á base militar Gabriel de Castela en Illa Decepción, na Antártida o 18 de decembro e estará alí catro meses realizando investigacións biolóxicas, climatolóxicas e xeolóxicas, e facendo voar ao primeiro dron. Foi unha charla interesantísima! Moitas grazas por vir!

Ningún comentario:

Publicar un comentario