23/12/17

CON OLLOS DE ARTISTA

Hai algunhas semanas que temos no centro unha exposición moi especial. O noso alumnado de 1º de ESO que vén do cole Chans móstranos un traballo moi elaborado sobre algunhas obras de arte. Tras os códigos QR podemos atopar performances, adaptacións plásticas das pinturas orixinais, biografías dos e das artistas...,un estupendo traballo que vos animamos a visitar. Parabéns ao profesorado por este fermoso traballo e por facer que o alumnado vexa, CON OLLOS DE ARTISTA, o mundo que nos rodea. A partir de hoxe estará no rellano da primeira planta, fronte á sala de profes.





Ningún comentario:

Publicar un comentario