23/12/17

O PERGAMIÑO VINDEL

O alumnado do IES Carlos Casares achegouse ata o Museo Mar de Vigo para visitar o Pergamiño Vindel e toda a exposición que xira ao redor das famosas sete cantigas de amigo do trobador Martín Códax. 

Aproveitaron tamén a ocasión para realizar unha visita guiada polo Museo Mar de Vigo. O alumnado, grazas ao profesor de Ciencias, Xosé Pérez, tivo que realizar unha xincana a través de todas as salas do Museo, incluído o acuario. A verdade é que todos aprendemos moito nesta visita. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario