23/12/17

CONTACONTOS GALEGO-INGLÉS

Como cada ano, e xa van alá catro, repetimos esta actividade que nos permite gozar de historias en inglés e en galego. Seguindo a técnica da tradución simultánea, o alumnado puido comprobar a súa competencia oral en dúas linguas: unha xermánica e unha románica, inglés e galego. 

Relataron contos tradicionais de todas as partes do mundo cun entusiasmo e un ímpetu dignos de admirar; todos os alumnos quedamos absolutamente impresionados coa súa dedicación. Esta actividade tan entretida foi organizada polos departamentos de inglés e galego para que nos familiaricemos con estas linguas e cun xénero tan popular como o do conto, e tamén para que pasásemos un bo rato coas historias tan disparatadas que nos contaron. Algunhas das que máis nos chamaron a atención foron:

    • O que trataba dun home que quería atopar a súa sorte e non a vía a pesar de que a ti.
    • Outro que trataba de dous mozos, un guerreiro e un mago, que amaban a mesma muller. Ela decidiuse por un e, uns días despois, por accidente, a cabeza do mago acabou no corpo do guerreiro, e a cabeza do guerreiro no corpo do mago. Foron moi divertidas as nosas propostas de cal era o seu home.

Ningún comentario:

Publicar un comentario