23/12/17

VISITA A SALINAE

O alumnado de 2º de ESO do centro realizou unha visita ao pasado acudindo a Salinae. 
En Rosalía de Castro hai unha porta ao pasado, concretamente á época dos romanos. Si, señores. Romanos en Vigo! Cando un home que facía os cimentos do centro de saúde desa mesma rúa atopou un cadáver, sorprendeuse moito. Aínda que el non o sabía, ese cadáver era dun romano. Nese mesmo sitio ese home atopou tamén unhas divisións no chan moi estrañas; tamén eran romanas. Para que servirían? A súa función era que a auga do mar quedase alí, porque si, na antigüedade o mar chegaba ata onde hoxe en día se atopa o centro de saúde de Rosalía de Castro. Coa calor do sol a auga evaporaríase e o salitre quedaría alí depositado, para ser recollido e empregado despois.


Ningún comentario:

Publicar un comentario